A música ao vivo volve con forza na Galiza

A xeografía galega acolle numerosos concertos esta semana

rosacedron3
photo_camera A monfortina Rosa Cedrón, xa esta quinta feira 1 de xullo, actuará na Casa do Lagoeiro, na Estrada, a partires das 21 horas. (Foto: Nós Diario).

O inicio dos meses de verán, e en concreto do mes de xullo, traen consigo o regreso da música ao vivo, que se instalará por todos os recunchos da xeografía galega.

Deste modo, a monfortina Rosa Cedrón, xa esta quinta feira 1 de xullo, actuará na Casa do Lagoeiro, na Estrada, a partires das 21 horas, estando os boletos aínda dispoñíbeis a un prezo de 14 euros.

Ao día seguinte, sexta feira 2 de xullo, o foco de atención trasládase ao sur do país, pois o auditorio do Pazo de Congresos de Vigo acolle ás 20.30 o espectáculo de Califato ¾, unha das bandas revelación do 2021 pola súa combinación de funk, hip hop, flamenco e dub.

Non moi lonxe de alí, en Moaña, comezará prácticamente ao mesmo tempo o MorraSound Rock Fest, que se estenderá até o sábado 3 de xuño e polo que desfilarán grupos tan populares como Los Enemigos, Bala, Anarchicks ou Enxeito. Sidonei-k3j-U502066931230FDE-624x385@El Norte

Como adoita ser habitual, o sábado será o día con máis eventos programados, e ademáis do MorraSound está previsto que se celebren dúas actuación no Auditorio Mar de Vigo (Wöyza ás 13 horas e Sidonie+Sanny ás 20.30), unha no Salason de Cangas (Leather Boys, ás 19 horas) e outra no Parque do Pasatempo de Betanzos, onde a popular Bad Gyal actuará ás 20 horas.

Porén, o domingo 4 de xullo non queda atrás e tamén ofrecerá moita música. Sidonie e Sanny repiten no Auditorio Mar de Vigo á mesma hora (20.30 horas), mentres que o Salason de Cangas acolle un novo espectáculo, nesta ocasión de Pablo Balseiro & Los Cascarillas ás 20 horas. Finalmente, o Teatro Colón da Coruña recibe ás 12.30 horas o madrileño Depedro e á súa xira ‘Érase unha vez’.

Comentarios