O Museo do Pobo Galego activa en liña a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Ao longo desta semana iranse publicando algunhas das películas que pasaron polo MICE e diferentes contidos formativos. 

museo pobo galego

A XV edición da Mostra internacional de cinema etnográfico (MICE) tería que celebrarse agora, esta semana, a segunda de confinamento por mor do estado de alarma a raíz do coronavirus. O Museo do pobo Galego (MPG) considera que é neste contexto que a cultura debe amosar que “ tamén pode ser un espazo de coidados e apoio mutuo”, e por iso decidiu poñer en marcha o festival dunha outra forma- Non haberá seccións competitivas senón que o que se realizará será unha selección reducida de contidos audiovisuais e formativos que se ofrecerán en liña. 

A partir desta terza feira, 24 de marzo, habilitaráse na conta de Vimeo do Museo do Pobo Galego, unha canle na que se irán publicando cada dous días, algunhas das películas que pasaron en anteriores edicións pola MICE. 'Grab and run', de Roser Corella, 'Hora silenciosa' de Noelia María Muiño, son algúns dos traballos que se poderán gozar.

Nas seguintes xornadas, habilitarase o visionado doutras películas premiadas na MICE como Nimble Fingers de Parsifal Reparato; Os fillos da vide de Ana Domínguez; Belén, de Adriana Vila Guevara. Tamén se poderá visualizar O tesouro de Corcoesto, de Cora Peña, e L’eau sacrée de Olivier Jourdain.

A programación desta MICE en liña completárase compartindo co público lecturas de interese para o cinema etnográfico, e de cara á fin de semana, estarán dispoñíbeis contidos para o público familiar,.

Comentarios