As mulleres protagonizan o palmarés de Cineuropa

O palmarés da 33ª edición de Cineuropa, escollido polo propio público do festival, deixa cinco filmes galardoados, un en cada sección: Dronningen, Papicha, Un día más con vida, La llorona e For Sama. Tres dos cinco están asinados por mulleres e en catro, elas son as protagonistas, como resultado dunha edición que apostou polo peso feminino diante e detrás das cámaras.

Laura Seonae na gala de clausura da 33ª edición de Cineuropa (Cineuropa)
photo_camera Laura Seonae na gala de clausura da 33ª edición de Cineuropa (Cineuropa)

Cineuropa deu a coñecer na tarde da pasada terza feira 26 de novembro a decisión do público en canto aos premios do festival. Cinco filmes por cada unha das categorías a competición, que por vez primeira poderán ser vistas poos que non puideron sistir ás súas proxeccións.

Queen of heartsA sección oficial europea estabelece Dronningen (Raíña de corazóns) como o filme gañador. Produción danesa asinada por May El-Toukhy, aborda o drama da familia dunha familia desestabilizada pola chega  pola chegada do fillastro, polo que a nai sente certo desexo que a leva por unha perigosa tobeira, coma a do Coello Branco.

No panorama internacional, Cineuropa galardoa a coprodución entre Alxeria, Francia e Bélxica Papicha, con 8,35 puntos. A realizadora Mounia Meddou narra a historia dunha muller que, na Alxeria de 1997, durante a Guerra Civil, decide loitar pola súa liberdade nunha sociedade cada vez máis conservadora.

For sama posterFor Sama, da realizadora siria Waad Al-Khateab, levou con 9,13 puntos o premio Docs Cineuropa. Este traballo, que asina xunto a Edward Watss, foi filmado en Alepo durante a guerra de Siria, no que unha muller nova loita por seguir coa súa vida entre as bombas. Un filme que, din desde Cineuropa, «sería unha imprudencia e un exercicio de arrogancia valorar este filme só por motivos estritamente cinematográficos».

Latidoamericano outorgou o recoñecemento a La llorona con 7,46 puntos, un drama do Guatemalteco Jayro Bustamante que foca a atención na historia de vinganza de Alma contra Enrique, un xeneral retirado que é absolto por un xenocidio que si cometeu. O realizador, afirmaban desde a ornización, «convoca a figura de La llorona con lóxica incontestábel» para facer xutiza poética cun asasino que «sae ileso dos xulgados pero non así do plano espectral».

UN DIA MAS CON VIDARaúl de la Fuente e Damian Nenow fixéronse co premio animaeuropa, sección inaugurada nesta edición do festival. O público valorou con 8,77 puntos Un día más con vida, filme que se mergulla na historia do xornalista polaco Ryszard Kapuściński durante a súa viaxe a Angola, último campo de batalla da Guerra Fría, un lugar onde o saúdo equivocado pode custar a vida. Os directores condensan o espírito da personaxe en feitos concretos, fuxindo dun erro habitual dos bioipics, conseguindo explicar unha vida enteira en poucos días.

Xurado Novo

Por outra bando, na gala de clausura do festival tamén se deu a coñecer o palmarés outorgado polo Xurado Novo, coas categorías de mellor filme, dirección, guión e intérpretes.Papicha poster

Zombi child foi considerada como mellor longametraxe desta edición, mentres Abbas Fahdel foi mellor dirección polo seu traballo en Yara.

Kristina Grozeva e Petar Valchanov levaron o premio ao mellor guión polo texto de Bashtata (The father).

En canto á interpretación, Mariana di Girolamo foi recoñecida como mellor actriz polo seu papel protagonista en Ema. Alessandro Antonelli e Pietro Orlando obtiveron ex aequo o galardón equivalente na categoría masculina polo documental Selfie.

Outra oportunidadeLa llorona poster

Por primeira vez, o festival Cineuropa non remata coa súa gala de clausura. A nova dirección, a cargo de Laura Seoane, decidiu ofrecer este ano unha oportunidade para que o público compostelán vexa os filmes gañadores.

De tal xeito, na cuarta feira 27 de novembro proxectaranse no Teatro Principal as gañadoras das seccións internacional (Papicha, ás 20 horas) e europea (Raíña de corazíbs, ás 22 horas).

A quinta feira 28 de novembro poderase ver a vencedora da sección de animación no Teatro Principal (Un día más con vida, ás 17 horas), mentres que no Salón Teatro acollerá as premiadas nas categorías de cinema latinoamericano (La Llorona, ás 19 horas) e documental (For Sama, ás 21 horas).

A entrega do premio a Emma Suárez porá o broche final á 33ª edición  do festival.

Comentarios