'Mover os marcos' de Fernández Davila, premio Vitoriano Taibo de poesía

Mover os marcos é o título da obra gañadora da décimo segunda edición do premio Vitoriano Taibo. O seu autor é Fran Fernández Davila (Vigo, 1974).
fran fernández davila - poeta
photo_camera O escritor Fran Fernández Davila, gañador do XII premio Vitoriano Taibo de poesía. Foto: cedida.

Do xurado que fallou a prol de Davila fixeron parte Laura Ramos -que o obtivo o pasado ano por A situación actual-, as escritoras Isabel Blanco, Miguel Anxo Mouriño e Iria Misa, o editor e ensaísta Xulián Maure, a editora Edurne Baines e mais Paula Cabral como secretario.

“Sacarse unha foto espido e mandala a concurso, un acio marcado de cicatrices por dentro”, escribiu o propio Fernández Davila sobre a obra premiada nas súas redes sociais, “mudarse a un lugar e ter a sensación de voltar á casa. Visitar por primeira vez o teu fogar de toda a vida”.

Convocado polo Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar, o Vitoriano Taibo está dotado con 3.000 euros, unha escultura de Fino Lorenzo e a publicación do libro na Colección Vitoriano Taibo do Instituto de Estudos Miñoranos. Antes do que será o seu primeiro traballo poético, Fran Fernández Davila obtivera o premio de novela por entregas de La Voz A senda de sal (Galaxia, 2017).

Comentarios