'Os mouros do Pico Sacro' gaña o Antón Risco de literatura fantástica

A terceira edición do premio de literatura fantástica que leva o nome de Antón Risco vén de distinguir Os mouros do Pico Sacro, de Luís Rodríguez Rivera (Mos, 1971). O galardón, convocado pola Fundación Vicente Risco e a editora especializada en ciencia ficcón e fantasía Urco, fallouse o pasado sábado en Allariz.
 

Luis_Rodriguez_Rivera
photo_camera O escritor de Mos Luís Rodríguez Rivera. Foto: cedida.

Fixeron parte do xurado o crítico e editor César Lorenzo Gil, a xornalista Llerena Perozo Porteiro, o escritor Lois Pérez Diéguez e a novelista portuguesa Fausta Cardoso Pereira, vencedora da pasada edición coa obra Dormir com Lisboa (2017). O ano anterior fora Antonio Manuel Fraga con Querido H.P. Lovecraft (2016) quen se fixera coa distinción.

Antes de Os mouros do Pico Sacro, que será o seu primeiro libro en galego, Rodríguez Rivera publicou varios traballos en castelán, como Memorias do Home Voitre (2005) ou O incerto (2014).

O xurado do terceiro premio Antón Risco tamén recomendou a edición da obra presentada a concurso baixo o título Sopas New Campbell.

Comentarios