mércores 19/05/21

Tres mostras escénicas do Centro Dramático Galego en Compostela

Son froito das Residencias Cruzadas que tiveron lugar durante o mes de febreiro. 
Imaxe da performance 'Ferro, Federici', de Helena Salgueiro. (Foto: Cedida)
Imaxe da performance 'Ferro, Federici', de Helena Salgueiro. (Foto: Cedida)

Salón Teatro de Santiago de Compostela arrincará a próxima terza feira con pequenas mostras ao público do programa Residencias cruzadas, desenvolvido durante o mes de febreiro polo Centro Dramático Galego.

Nos encontros previstos até a quinta feira, o público poderá coñecer os procesos de creación dos diferentes traballos e asistirá a unha breve representación de cada un deles. Todas as sesións serán ás 18 horas e a billeteira abrirase unha hora antes, para recoller as entradas que serán de balde.

A terza feira, Diana Sieira e Helena Salgueiro compartirán os seus proxectos The Witch e Ferro, Federicci a través de lecturas comúns e complementarias.

A cuarta feira tocaralle a Producións Dispersas, con Mentres dure a canción; e Mónica Sueiro, con 15 minutos, que afondarán na metateatralidade e na loita do individuo por ser e estar no colectivo.

Por último, a quinta feira Anómico Teatro presentará Mosaico de anxos abandonados despois do combate, y Cía. Sr. López fará o propio con Manuela Rodríguez é unha inuit, con lecturas complementarias sobre exilios e migracións.

comentarios