Que facer

Ofertas a esgalla na fin de semana: desde o Interplay até a Feira do Libro de Pontevedra

contacontos_pineirinos
photo_camera A oferta da finde inclúe tamén a súa dose de contacontos

V Carballo Interplay
Carballo
Pazo da Cultura
Até o sábado
Volve o Carballo Interplay, o primeiro festival dedicado aos contidos dixitais, con 42 webseries de todo o mundo que competirán nesta quinta edición do festival.

Debates feministas 
Compostela
Casa das Mulleres Xohana Torres
Sábado
19.30h
Até finais de abril propoñen debates sobre feminismos, o próximo xirará ao redor  da Historia do movemento feminista galego.

Contos para construír 
Compostela
Sede Afundación
Sábado
12.00h 
Son unha serie de sesións de contacontos pola igualdade sobre Ángeles Alvariño, Concepción Arenal, Maruxa Mallo e Rosalía de Castro.

A illa dos nenos
Ourense
Auditorio Municipal-Pazo de Congresos
Domingo
12.00h
Uxío no país de Patadecabra, espectáculo para toda a familia que mestura maxia, teatro e mundo dos monicreques. 

O tolleito de Inishmaan
Ribadeo
Auditorio Municipal Hernán Naval
Domingo
20.30h
Espectáculo de gran formato, de Contraproducións, que nos leva ao humor e á tenrura do teatro irlandés.

Mulleres de Conto 
Pontevedra 
Pazo da Cultura 
Até 29 de abril
Do 6 ao 29 de abril de 2018 celébrase o XIX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, edición dedicada ás “Mulleres de conto” e con México como país convidado. O evento, cunha programación de máis de 150 actividades, contará coa presenza de autoras, ilustradoras e mediadoras, ademais de espectáculos inéditos deseñados para O Salón, teatro, obradoiros e contacontos, exposicións, música, actividades para bebés, visitas guiadas e máis!

Figurativas
San Sadurniño 
Casa do Concello
Até 2 de maio
Manuel Carballeira, pintor especializado en paisaxe, achega unha escolma das súas obras, nas que retrata ao óleo lugares de toda a comarca. 

A volta dunha ausencia
Ferrol 
Centro Cultural Torrente Ballester
Até 20 de maio
“A volta dunha ausencia” é o título que recibe a nova exposición do escultor Pepe Galán (A Coruña, 1955), após un silencio produtivo. A mostra érguese na fusión dos medios de expresión, ligados ao uso do arame, a fibra sintética, o cartón, que se verten nunha corentena de obras de grande formato combinadas con catro instalacións de vídeos e as súas correspondencias escultóricas. 


 

Comentarios