Imprescindíbel da canção portuguesa

Até sempre, José Mário Branco

Finou a pasada noite da segunda feira 18 de novembro o músico e compostir portugués José Mário Branco, imprescindíbel da canção de intervenção.
O músico José Mário Branco (Isabel Pinto)
photo_camera O músico José Mário Branco. (Isabel Pinto)

José Mário Branco, un dos nomes máis importantes da canção portuguesa, finou durante a noite da segunda 18 de novembro. Os seus 77 anos neste mundo deixaron un percurso de grande peso, caracterizado pola variedade e inquietude que o levou a tocar xéneros que van da música de intervenção até o fado.

Traballou con outros grandes músicos portugueses como Zeca Afonso, Sérgio Godinho ou Luís Represas. Ademais, foi compositor e produtor de boa parte dos álbums do fadista Camaném e algúns discos de Kátia Guerreiro.

Exilio e música

Co nome de José Mário Monteiro Guedes Branco naceu no Porto en 1942 e estudou Historia nas Universidades de Coímbra e do Porto, cursos que non chegou a rematar. Fillo de mestres, foi militante do Partido Comunista Português (PCP), exiliado en Francia en 1963 por mor da ditadura. Só voltaría a Portugal en 1974.

Os seus traballos máis coñecidos inclúen Mudam-se os Tempos, Mudam-se as Vontades (1971), de Margem de Certa Maneira (1973), do duplo Ser solidário (1982), A Noite (1985), Correspondências (1990) ou Resistir é Vencer (2004). 

O mestre foise, mais fica por sempre o seu legado de incalculábel beleza e comprosmiso. «Do mal ficam as mágoas na lembrança / E do bem, se algum houve, as saudades», dicía Camões nun dos poemas musicados por Branco. O seu pasamento deixa, sen dúbida, nostalxias de bo e do malo, atrapada para sempre entre os acordes da súa música. 

Comentarios