xoves 04.06.2020

Morreu o escritor brasileiro Rubem Fonseca

En Río de Janeiro, aos 94 anos de idade.


 

Rubem Fonseca
Rubem Fonseca

Rubem Fonseca faleceu esta cuarta feira en Rio de Janeiro aos 94 anos de idade, tal e como a súa familia confirmou ao diario portugués Público.  En 2003, obtivo o Prémio Camões, o mais prestixioso en lingua portuguesa. Era un dos máis importantes e singulares escritores brasileiros contemporáneos. 

Naceu em Juiz de Fora, Minas Gerais, en 1925. Era fillo de portugueses transmontanos, emigrados para o Brasil. Residiu desde a infancia no Rio de Janeiro. Era licenciado en Dereito e traballo como comisario na policía. 

As obras de Rubem Fonseca xeralmente retratan, em estilo seco e directo, a luxuria e a violencia urbana, nun mundo onde se misturan marxinais, asasinos, prostitutas, miserábeis. A história a través da ficción é tamén unha marca de Rubem Fonseca, como nas novelas Agosto (o seu libro mais famoso) en que retratou as conspiracións que acabaron no suicídio de Getúlio Vargas (avogado, militar e político brasileiro, líder da Revolução de 1930) e en O Selvagem da Ópera, en que retrata a vida de Carlos Gomes (o máis importante compositor de ópera brasileiro).

"Non me gusta encher de chumbo a ninguén, mais é o meu traballo" (Rubem Fonseca)

En 2019 Quico Cadaval dirixiu unha adaptación ao teatro do brasileiro Rubem Fonseca, 'Carpe Diem'. “A anécdota é cinematográfica: unha muller e un home coñécense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados. Con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas de clase alta”, resumía daquela a compañía a súa aposta. Era aa adaptación dun relato de Fonseca, “o maior escritor vivo da lingua portuguesa”: “A atrevida tentativa de converter en teatro un dos máis excitantes contos do maior autor vivo na nosa lingua”, dixo Cadaval.

comentarios