Morre o poeta portugués Herberto Hélder

O poeta Herberto Hélder, unha das principais voces da literatura portuguesa do século XX, morreu esta segunda-feira en Cascais con 84 anos. 

Helberto Hérder
photo_camera Helberto Hérder

O poeta Herberto Hélder, considerado un dos principais nomes da literatura portuguesa contemporánea, finou a pasada segunda feira en Cascais. Tiña nacido en 1930 no Funchal e apenas o pasado ano publicara o que é o seu derradeiro libro, A Morte Sem Mestre, un volume que a Porto Editora tiraba do prelo cando un CD co poemas recitados polo autor. “e eu que me esqueci de cultivar: família, inocência, delicadeza,/ vou morrer como um cão deitado à fossa!”, di nos seus versos que agora, na hora da morte, se mostran todavía máis impactantes, coa condición confesional do seu derradeiro libro que supuxo todo un acontecemento literario en Portugal.  

Xunto con Servidões, publicado o ano anterior, os dous títulos porían o fin a unha traxectoria en destaque obras como A  Faca Não Corta o Fogo, A Colher na Boca, Poemacto, Retrato em Movimento, Ofício Cantante, O Bebedor Nocturno, Vocação Animal, , Cobra, O Corpo, o Luxo, a Obra ; Photomaton & Vox,  A Cabeça entre as Mãos ou Poesia Toda, antoloxía persoal da súa obra en varias edicións modificadas. 

En 1994 gañou o Prémio Pessoa pela súa obra mais o poeta rexeitou o recoñecemento por quererse manter á marxe do ouropel literario. Cóntase que se dirixiu ao xuri para pedirlle que non dixeran nada e deran o premio a outro. Non era esa a primeira vez que o seu nome se vinculaba ao autor do Livro do Dessassosego á hora da influencia da súa voz na literatura en lingua portuguesa, malia non ser un dos seus referentes como demostrou ao non incluílo na súa antoloxía poética da literatura portuguesa. Tanto como recusaba premios, Helberto Hérder rexeitaba entrevistas e fuxía do ámbito social da literatura, o que facía a súa unha figura misteriosa e mesmo literaria. Na imprensa lusa fálase hoxe da perda do maior poeta portugués vivo e lémbrase unha das súas peculiaridades: os seus libros tiñan apenas unha soa edición. 

Comentarios