Morre Paco 'Rufus', de 'Os Maruxa'

Esta semana morría aos 44 anos Paco 'Rufus', que formou parte de 'Os Maruxa', o grupo de garage-rock máis destacado dos 90. 

paco-rufus-2
photo_camera Paco 'Rufus' López

Paco López, máis coñecido como Paco Rufus, vivía desde hai anos en Alicante, onde montou unha tenda de discos (Naranja y Negro) e unha discográfica independente, Rufus Recordings.

O rock'n'roll era a súa vida desde ben novo, e formou parte de múltiples bandas ao longo da súa vida. A máis coñecida en Galiza foron Os Maruxa, e máis tarde, xa en Alicante formou parte de Flamin Guays e Rock-a-Hulas, que chegaron a ter certo éxito entre o rock independente español. Outros proxectos dos que formou parte foron Las Membranas, Franky Baltimore, The 7-11's, Studebakers, The Reactions, The Raw...

En Galiza é lembrado sobre todo por Os Maruxa, unha banda formada en Cedeira en 1992, un dos referentes galaicos do garage-rock que foron fichados polo selo Subterfuge, que se fixou neles e lle lanzou o seu primeiro disco, 'Hot stuff' (1993).

Comentarios