O profesor romano tiña 95 anos

Morre Giuseppe Tavani, un dos maiores expertos na lírica medieval galego portuguesa

Á súa constancia investigadora débense algúns estudos canónicos do corpus da lírica medieval galego portuguesa: A poesía lírica galego-portuguesa (1986), A poesía de Airas Nunez (1992) ou en colaboración con Giulia Lanciani As cantigas de escarnio (1995). O profesor romano Giuseppe Tavani morreu esta sexta feira aos 95 anos.
 

1024px-Giuseppe_Tavani_no_IES_Manuel_García_Barros._A_Estrada._Galicia-3_(5436850288)
photo_camera Giuseppe Tavani no IES Manuel García Barros da Estrada. Foto Galipedia (CC BY-SA 2.0).

Catedrático de filoloxía románica na Universidade de Roma I, foi Honoris Causa pola de Compostela. De “filólogo maxistral, amante da poesía e grande amigo de Galiza” cualificábao o sociolingüista e académico Henrique Monteagudo nunha introdución en 2011 a unha conferencia de Tavani sobre Martin Codax.

Os seus libros de temática galego portuguesa publicáronse en Galaxia. Mais o romano tamén foi especialista en líricas catalá -en 1968 publicou en italiano Poesía catalá de protesta-, francesa e provenzal. A maiores, encargouse de numerosas traducións de literatura galega e portuguesa ao italiano.

A Xunta de Galiza concedeulle a Medalla Castelao.

Comentarios