Morre George Martin, o produtor dos Beatles

Quen foi o quinto beatle? George Martin, o produtor, ou o mánager, Brian Epstein? Co pasamento de Martin volve aos medios especializados a discusión sobre quen era a persoa máis importante arredor dos catro de Liverpool.

georgemartin-beatles
photo_camera Martin traballando cos Beatles en 1964

En calquera caso, hoxe é o día de lembrar a figura de George Martin, un produtor londinense que morría onte aos 90 anos e que pasará á historia como o responsable dos primeiros éxitos dos ‘Fab Four’. 

Martin xa era un experimentado produtor cando chegaron a Abbey Road os Beatles. Levaba 12 anos gravando jazz, orquestras e cómicos e soubo levar á práctica as ideas que lle presentaban os catro músicos. 

El convertiu o talento descomunal daqueles mozos en ouro, deixando a súa pegada en pezas tan complexas como 'Strawberry Fields Forever' ou 'A day in the life'.

Unha vez que a banda de Liverpool se desfixo, produciu algún disco de Paul McCartney e de moitos outros artistas ao longo da súa vida, como Jeff Beck, Elton John ou Kenny Rogers.

Comentarios