venres 03/12/21

Morre o galicianista británico David Mackenzie

David Mackenzie vén de falecer en Santiago de Compostela, onde residía. Profesor emérito da Universidade de Oxford, era un dos precursores dos estudos galegos no exterior. 

davidmackenzie
David Mackenzie, no medio, na homenaxe que lle dedicou o Instituto da Lingua Galega [USC]

Mackenzie, nado en Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire en 1943, foi un investigador decisivo na creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. Estudou en Oxford e en Nottingham, onde se doutorou coa tese A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Corónica de Santa Maria de Iria». Tralo seu paso pola British Library, foi profesor nas Universidades do Ulster, Birmingham e Cork. Fundador dos centros de estudos galegos nestas dúas últimas, foi asemade colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison.
 
Director tamén de diversas teses de mestrado e doutoramento de temática galega, o seu labor de investigación desenvolveuse entre os estudos ibéricos medievais, a lingüística e literatura galegas e a literatura española. O seu mestrado esténdese principalmente entre Europa e Norteamérica, onde desenvolveu o seu labor docente.

O seu compromiso coa cultura galega levouno a ser merecente do Pedrón de Ouro en 1994 e dun Premio da Cultura 2014. Tamén foi elixido membro correspondente  da Real Academia Galega (RAG). Era socio de honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da Hispanic Society of América.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Morre o galicianista británico David Mackenzie
comentarios