sábado 29/01/22

Os seus colegas de actividade dedícanlle hoxe textos de despedida e homenaxe. Descrito como “discreto, lúcido, minucioso, afable” ou "rigoroso, acertado e independente comentador”, os seus textos tiñan detrás “un traballo escrupuloso de lectura e relectura de novidades das nosas letras e de reflexión serena, á marxe de urxencias, de camarillas e amiguismos, dalgunhas obras esenciais das nosas letras”, segundo Francisco M. Bouzas. 


“Os seus textos non se limitaban”, di Inma Otero, “como tendemos ben veces as que nos dedicamos a estes traballos, ao despece estritamente literario e académico das obras. Sempre ían máis alá para tentar escaravellar no seu tempo, nas semellanzas e diverxencias con outros produtos culturais e ideolóxicos coetáneos sen perder de vista o posicionamento no curso da historia”. 


Manuel Rodríguez era licenciado en Filoloxía pola USC e doutor pola Universidade Autónoma de Madrid. Traballaba na UNED, como profesor de ensino medio. Dende 1988, traballaba como lingüista para a editorial Edicións SM. Tiña colaborado na elaboración de diversos materiais didácticos e pedagóxicos, como dicionarios ou gramáticas. Colaborou en revistas como Grial, A Nosa Terra, Revista de Lengua y Literatura Catalana, Gallega y Vasca, Vieiros e Tempos Novos. Mantiña o blog Bouvard e Pécuchet no que facía crítica literaria das novidades galegas.

 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Morre o crítico literario Manuel Rodríguez Alonso
comentarios