Morre o cineasta José Luis Cuerda

Cuerda

O director José Luis Cuerda faleceu esta terza feira aos 72 anos, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Academia de Cine.

Cuerda (Madrid, 1947) dirixiu, entre outros filmes, 'A lingua das bolboretas', a adaptación dun conto de Manuel Rivas e a triloxía denominada do "surruralismo", composta por "Total", "Amanece que no es poco" , 'Así en el cielo como en la tierra' e ‘Tiempo después’.

En 1988, Cuerda, vinculado a Galiza e nomeadamente á zona de Ourense con especial intensidade, foi galardoado co Goya por 'O bosque animado', outra das súas películas máis relevantes e tamén ligada a Galiza.

Comentarios