Monterrei abraza o seu castelo

O abrazo será ás 19.30 horas mais durante todo o día unha romaría popular celebrará o Castelo de Monterrei, o grande monumento que a veciñanza quere conservar para uso público. A Plataforma de Defensa do castelo de Monterrei denuncia que varias pezas de arte están saíndo de distintas instancias do edificio. 

Fragmento do cartaz
photo_camera Fragmento do cartaz

O abrazo será ás 19.30 horas mais durante todo o día unha romaría popular celebrará o Castelo de Monterrei, o grande monumento que a veciñanza quere conservar para uso público. A Plataforma de Defensa do castelo de Monterrei denuncia que varias pezas de arte están saíndo de distintas instancias do edificio. 

Mulleres, homes, nenos e nenas colleranse das mans este día 12 de xullo por volta das 19.30 horas para abrazar o seu castelo. Será unha metáfora da vontade da veciñanza de impedir a privatización do monumento que é símbolo da comarca e no que se desenvolven obras para convertelo nun hotel de Paradores do Estado. 

Durante toda a xornada, unha romaría popular con música, zona de lecer, obradoiro de arqueoloxía para crianzas ou un xadrez xigante animarán o día no que haberá unha comida campestre nos arredores do castelo. 

A xornada festiva-reivindicativa prodúcese pouco despois de que a Plataforma denunciara que varias pezas de arte que formaban parte do Museo e doutras estancias do Castelo están saíndo cara lugares descoñecidos. Denuncian os feitos para que “o pobo que é a quen lle pertence” teña coñecemento e que os responsábeis están ao tanto de que o saben.  “Queremos que nos informen do que se está a facer con esas pezas xa que, cremos que é o noso dereito como cidadáns e máis aínda si como di a Xunta estanse usando cartos da propia Xunta para as obras que se están levando a cabo no Castelo”, sinalan. 

Comentarios