O Monte do Facho: nas entrañas da relixiosidade galaica

No extremo occidental da península do Morrazo, érguese illado e a 184 metros de altura sobre o océano Atlántico o monte do Facho. A máxima elevación nunha costa acantilada coñecida como a Costa da Vela, á que vixiaba, e será no propio funcionamento desa vixía, polo lume aceso co que avisaba dos perigos alá entre os séculos XVII e XIX, onde atopamos a explicación do seu actual nome: O Facho. Porén, ese monte agocha unha realidade histórica máis complexa e rica, e vai ser un dos seus episodios, o da ocupación a fins da Idade do Ferro, a que en forma dun poboado fortificado conformará o monte na imaxe que hoxe ten. Para achegarnos a el temos que ir ao concello de Cangas, e dentro del á parroquia do Hío, onde domina unha das súas aldeas máis afastadas: Donón. 
monte do facho
Coñecido desde mediados do século XX, vai dar a sorpresa cando, a principios dos 60, Enrique Massó dá a coñecer un importante conxunto de altares romanos. Despois sucedéronse os achados illados de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios