luns 01.06.2020

Monfero pon a súa memoria a andar

As veciñas e veciños da parroquia de Vilachá, en Monfero, levan dous anos reflexionando, recuperando a súa memoria e desenvolvendo accións de revalorización da cultura propia da man da asociación Rural Contemporánea, responsábel dos libros Historias de Vilachá (2018) e, recentemente, Hai que andar
Os libros parten das conversas coas veciñas e veciños  de Vilachá (Rural Contemporánea)
Os libros parten das conversas coas veciñas e veciños de Vilachá (Rural Contemporánea)

Son, en ambos os dous casos, compilación das historias, vivencias e pensamentos das habitantes desta parroquia de 225 habitantes, recollidos casa por casa, gravadora en man, polas tres persoas que conforman o núcleo desta entidade.

"Levabamos moito tempo traballando en proxectos de axitación cultural, algúns deles no rural, coñecendo experiencias e colaborando en distintos lugares, e quixemos aplicar o que facemos á nosa parroquia", expón Vanesa Castro, presidenta da asociación, quen alude a un "certo adormecemento que nos moveu a facer cousas nas que as nosas veciñas e veciños fosen partícipes e protagonistas, nas que se implicasen de forma moi activa e falasen do que queren falar: cultura de quilómetro cero".

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios