QUE FACER?

Moita música nunha finde que tamén che ofrece teatro e o filme dun clásico da literatura galega

Moito a facer nesta finde. Toma nota.

António Zambujo (2)
photo_camera António Zambujo, ao vivo

Sexta feira 29 de Abril.

FIV Vilalba. O primeiro festival indie do ano chega a Vilalba. A oferta é tentadora, cos galegos Xoel López, Agoraphobia ou Músculo no cartaz.

Ourense. Auditorio Municipal. 20.30 horas. Teatro. O monólogo do imbécil. Dirixe José Prieto e protagoniza X.A. Touriñán. Están a xirar por todo o país.

Vilagarcía. Auditorio Municipal. 21.00. Teatro. Os amores de Jacques, o fatalista. Unha adaptación da obra de Diderot a cargo de Quico Cadaval. Sobre o cenario, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz.

Sábado 30 de Abril.

A Coruña. Teatro Rosalía. 21.00 horas. Concerto de António Zambujo. Unha das grandes novas voces de Portugal. O alentexano, de xira mundial, apresenta o seu último traballo, Rúa da Emenda.

O Grove. Twist&Shout. 23.00 horas. Concerto de Chicharrón. Unha banda emerxente no panorama indie galego.

Vigo. La Iguana. 23.30 horas. Concerto de Familia Caamagno. O combo de Sigüeiro continúa a rular polo país para apresentar en sociedade Para unha vez que saímos.

Comentarios