A Miteu regresa a Ourense do 1 ao 15 de xullo

A presentación da nova edición realizárona o director da mostra, Fernando Dacosta, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
052019_La_madeja_3
photo_camera Imaxe do espectáculo 'La madeja' de Irene de Paz. (Foto: Nós Diario)

A Mostra de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense vai decorrer desde o 1 até o 15 de xullo en diversos espazos da cidade, entre eles, a Biblioteca Nós, o Teatro Principal e o Liceo. Un programa de dúas semanas de duración e con 24 representacións, presentárona na mañá desta terza feira o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais o director da mostra, o actor Fernando Dacosta.

Do total de representacións, 24, oito das compañías que as levan a escena son galegas, dúas portuguesas, dúas arxentinas, unha italiana e unha de Guinea Ecuatorial, e as dez restantes proveñen doutros territorios do Estado español. Unhas pezas que achegarán a Ourense xénero infantil, as únicas obras que decorrerán en horario de mañá, circo e teatro de actor.

Entre os escenarios para a realización das funciones, nesta edición inclúense o Teatro Principal, a Biblioteca Nós, os Xardíns das Burgas, a praza do Auditorio, o uso do edificio depende do goberno municipal liderado por Gonzalo Pérez Jácome, ou o Liceo.

Como novidade deste ano a organización presentou a proposta do “Ourense Invisíbel”, unha parte da mostra que pretende ser un "festival reivindicativo" chegando a zonas de Ourense menos coñecidas ou menos transitadas e "onde hai feísmo, para mudalo", explicado Fernando Dacosta.

Este ciclo inclúe ter eventos, que van ter lugar do 6 ao 8 de xullo, e que inclúen graffiti, concertos e paseos onde “as árbores terán a palabra”.

A mostra ábrea o 1 de xullo o grupo Rosaura, da Aula Universitaria de Ourense; Irene de Paz, de Andalucía; e Armazém Aéreo de Lisboa.

O feche do programa correrá a cargo de Maricastaña, tamén da Aula Universitaria de Ourense, que representará Aínda que siga brillando a lúa no Teatro Principal ás 21 horas, o 15 de xullo. A entrada ao Principal é de 3 euros e nos demais lugares será de balde.

Comentarios