Sábado 28 de abril

A Mostra de Teatro de Ourense recoñece o papel pioneiro de Tereixa Campo

A clausura da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) recoñecerá mañá, sábado 28 de abril, o labor pioneiro de Tereixa Campo no teatro lugués e, por extensión, galego. A actvista teatral do Val do Mao recibirá o premio da organización da Miteu.
 

tereixa campo
photo_camera Tereixa Campo.

Coordinadora da Aula de Teatro do Campus de Lugo entre 1994 e 1998 e fundadora da Asociación Barriga Verde e de Achádego Teatro, o traballo incasábel de Campo por un teatro de base é salientado na viséximo terceira edición da Miteu.

Profesora durante décadas no colexio público de Casás, en Lugo, tamén se encargou da dirección escénica dunha versión da zarzuela Non chores Sabeliña, de Xosé Trapero Pardo, e escribiu pezas dramáticas como O xogo de Pinto Pinto, Contos de Sempre ou O sorriso das pedras. Antes de Achádego, practicou o teatro en Tarabelo.

O acto de entrega do galardón será ás oito do serán no Teatro Principal de Ourense. Ademais do premio da organización, tamén se entregarán os premiso do xurado e do espectador Carlos Couceiro e Begoña Muñoz e os premios á mellor resolución técnica Suso Díaz. Maricastaña, a Aula de Teatro da Universiade de Ourense, xérmolo da Miteu, representará As ondas das pedras no río e haberá música a cargo de Dani Minimalia, guitarrista.

A clausura pon o ramó a unha mostra en que se puideron ver arredor de 30 espectáculos teatrais e que comezou o pasado 12 de abril. Organizan o Concello de Ourense, a Deputación e a Universidade de Vigo -da que depende o campus ourensán- coa colaboración de Saerabela Teatro, o Café Cultural Auriense e a Xunta. Diríxea Fernando Dacosta.

Comentarios