Presentación en Foz o 3 de outubro

As mil caras de Carvalho Calero nun libro

Hei entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero é o título do libro colectivo sobre a figura homenaxeada no Día das Letras 2020 que esta quinta feira, 3 de outubro, ás oito e medio do serán, na libraría Bahía de Foz. Participarán tres autores do mesmo: o historiador Bernardo Máiz, o filólogo Xosé María Dobarro e mais o coordinador Xosé Manuel Pazo.
Detalle do cartaz de Artábria para a homenaxe a Carvalho
photo_camera Detalle dun cartaz da Fundaçom Artábria para a homenaxe a Carvalho Calero. Imaxe: cedida.

libro carvalho

O acto, organizado pola asociación cultural A Pomba do Arco, pretende contribuír á reflexión sobre “un dos grandes vultos da cultura galega do século XX, cunha importante bibliografía no campo dos estudos lingüísticos e literarios pero tamén da poesía e a narrativa”. A maiores, lembra A Pomba do Arco, Carvalho Calero mantivo “unha importante relación coa nosa vila, onde pasou as vacacións de verán en compañía da súa parella María Ignacia Ramos”.

Hei entrar no meu povo achégase ás mil caras da vida e obra do autor de Historia da literatura galega contemporánea (1962). Faino, por caso, na achega de Máiz, Carvalho Calero e a política (1926-1990). Ou na de Dobarro, Lingüista por mor dunha causa. Xosé Manuel Pazo estuda “os traballos desenvoltos nas últimas décadas a prol da reivindicación da figura de Carvalho Calero.”

Comentarios