Miguel de Lira recibe o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva

A decisión adoptouse por unanimidade do xurado.

miguel-de-lira(Agular Film Festival)
photo_camera Miguel de Lira (Aguilar Film Festival)

Miguel de Lira suma un novo recoñecemento. O actor de Lira (Carnota) obtén o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón.  O xurado tomou esta decisión por unanimidade, explica Erregueté, após ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramática.

Os membros valoraron a súa interpretación en Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade. Do mesmo xeito, o xurado explicou que con este premio pretenden enxalzar a traxectoria de Miguel de Lira e o seu papel como defensor da cultura galega, e promotor dun teatro innovador da man do grupo teatral Chévere.

Comentarios