O futuro disco chámase 'I'

Un micromecenado consigue sacar adiante o novo de Arrhythmia

A galardoada banda de metal Arrhythmia consegue sacar adiante o seu novo disco grazas a un proceso de financiamento colectivo. Baixo o título I, o LP ponlle fin á conta atrás que iniciaron os lucenses cos seus anteriores traballos, III e II, na procura de acadar o seu auténtico son. O álbum verá a luz na primavera de 2020.
Os compoñentes de Arrhythmia coa súa equipa técnica no festival Resurrection 2019 (Toni Villén)
photo_camera Os compoñentes de Arrhythmia coa súa equipa técnica no festival Resurrection 2019 (Toni Villén)

O grupo lucense Arrhythmia, creado en 2011, sacará en primavera deste ano o seu terceiro traballo de estudo, posíbel grazas a un proceso de micromecenado. A banda xa superou a pasada quinta feira 2 de xaneiro os 4.500 euros marcados como obxectivo, a piques de rematar o prazo no sábado.

"Queriamos dar un paso adiante na calidade", di o guitarrista e vocalista Alberto Busto en referencia á decisión de procurar o financiamento colectivo. O disco, titulado I, pecha a conta atrás que a banda executou cos seus anteriores traballos, III e II, procurando "chegar ao son que queríamos", explica.

Inaugurando a formación en cuarteto coa incorporación da guitarra de Miguel Duarte aos xa habituais Álvaro R. Barreiro (batería) e Alejandro Maciñeiras (baixo), o traballo virá con entre 8 e 11 temas que farán un pequeno xiro cara á electrónica, mais mantendo a esencia metal da banda. O LP presentarase na Malatesta (Compostela) 24 de abril de 2020.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios