Os Mestre Mateo xa teñen finalistas con trece candidaturas para “Somos xente honrada”

Producida por Vaca Films e El Terrat e dirixida por Alejandro Marzoa “Somos xente honrada” converteuse na candidata con máis nominacións aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual que se entregarán o día 12 de abril na Coruña. 

.
photo_camera .

Trece nominacións acada o filme “Somos xente honrada” dirixido por Alejandro Marzoa, entre elas a de mellor longa, guión, dirección e protagonista. Convértese así na produción con máis candidaturas das que optan aos Premios Mestre Mateo que outorga cada ano a Academia Galega do Audiovisual. O filme que narra as peripecias de Suso e Manuel, dous homes de cincuenta anos no desemprego que atopan un paquete con dez quilos de cocaína compite en trece das candidaturas dos premios que se entregarán na gala que terá lugar no Palexco da Coruña o próximo día 12 de abril. Actor de reparto, música orixinal, dirección de fotografía, dirección de arte, son, vestiario, maquillaxe e perruquería, dirección de produción, montaxe son outros dos galardóns que podería acadar o filme.  

Guión, maquillaxe e perruquería, música, vestiario, serie televisiva, actor de reparto, actriz de reparto e protagonistas feminina e masculino son as candidaturas doutra grande competidora, a serie Era Visto! que ten nominacións en todas as categorías actorais con Patricia Vázquez, Federico Pérez, Isabel Risco e Manuel Manquiña. 

Longametraxe: El árbol magnético, Inevitable, Somos xente honrada e 9 ondas.

Película televisión: Encallados, Salgadura, Tilda e Jean e Todos os santos.

Protagonista feminina: Isabel Blanco, por Todos os Santos ,Mercedes Castro por Padre Casares Nuncy Valcárcel por Luci e Patricia Vázquez por Era Visto!. 

Protagonista masculino: Antonio Durán “Morris” por Padre Casares, Federico Pérez de Era Visto! ,Miguel de Lira por Somos xente honrada e Xulio Abonjo por Encallados. 

Actriz de reparto: Covadonga Berdiñas por Padre Casares,  Isabel Risco por Era Visto!, Mabel Rivera por Inevitable e Marta Larralde por Gran Hotel. 

Actor de reparto: Federico Luppi Inevitable, Manuel Manquiña Era Visto, Pedro Alonso Gran Hotel e Ricardo de Barreiro Somos xente honrada. 

Programa televisión: A casa da conexa, Galegos no mundo, Luar e Zig zag diario. 

Serie televisión: Era visto!, Gran Hotel, Luci e Padre Casares.

Comunicador/a: Fernanda Tavarés, Xosé Ramón Gaioso, Terio Carrera e Xosé A. Touriñán 

Curtametraxe: Flores para Amalia, Idiotas, Real Love e 3-1=0. 

Dirección: Somos xente honrada, Encallados, Gran Hotel e Luci. 

Guión: Era Visto!, Somos xente honrada, Salgadura e Luci. 

Curta de animación: Aqua, Cousas de Meigas, Pepe, o cancodrilo e Sangre de unicornio.

Videoclip: Acción - Reacción (Machina), anto de Sirena (Piti Sanz), Fábula (Juan Dorá) e La primera vez (Inculpados).

Anuncio: Desconecting, Estrella Galicia Feliz 2013, Se chove, que chova! e Tino o Peregrino e o viño que sabe a festa. 

Serie Web: El quid, Entre pipas, Joke Business e @CanillejasSerie.

Documental: Costa da Morte, A pegada dos avós, Toñito Blanco só, perdido e vicioso e A última viaxe do afiador.

Música orixinal: Inevitable, Era Visto!, Somos xente honrada e Salgadura. 

Dirección de fotografía: Encallados, Somos xente honrada, Luci e Todos os santos 

Dirección de arte: Todos os santos, Somos xente honrada, Salgadura e A casa da conexa 

Vestiario: Era visto!, Somos xente honrada, Salgadura e Luci 

Maquillaxe e perruquería: Era visto!, Luci, Somos xente honrada e A casa da conexa 

Dirección de produción: Somos xente honrada, Salgadura, O Faro e Todos os santos 

Realización: Luar, Galegos no mundo, Reporteiros e Verbas Van 

Montaxe: Encallados, Inevitable, Gran hotel e Somos xente honrada 

Son: Salgadura, Inevitable, Luci e Somos xente hornada finalistas 

Comentarios