Un mes de cultura galega para o pobo sahariano

Os Cempés, Os 7 Magníficos máis 1, Mofa e Befa, Quico Cadaval & Celso Fernández Sanmartín e Pepo Suevos compoñen o programa do III Mes Cultural de Axuda ao pobo sahariano que ese desenvolverá este abril en Silleda. 

Baile con Os Cempés
photo_camera Baile con Os Cempés

Cultura galega en apoio ao pobo sahariano. Ese é o obxectivo do programa que se desenvolverá en Silleda promovido por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí no 40 aniversario da loita pola súa liberdade e, en especial, para financiar o proxecto Vacacións en Paz no que cativas e cativos dos campamentos de refuxiados pasan o verán con familias de acollida galegas. 

Ademais de “Os 7 magníficos máis 1” que botaron a andar o programa o día 1 de abril, a III Edición do Mes Cultural ofrece un obradoiro de baile e baile con música ao vivo con “Os Cempés” e "100% Baile" o día 11 de abril no Centro Cultural Vista Alegre Bandeira. Para se anotar cómpre se inscribir no centro cultural Vista Alegre de Bandeira ou no teléfono 986585550.

Mofa e Befa con "Bobas & Galegas" o día 18 de Abril no Auditorio de Bandeira, Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín o 25 e Pepo Suevos o 30 na Casa da Cultura de Silleda completan o programa de actividades. 

As entradas están á venda na billeteira mais os bonos para os monólogos pódense mercar nos seguintes puntos: 

SILLEDA: Salón do Té, Cafetería Maripepa, Café- Bar Pukará e A Cantina.

BANDEIRA: Arume e A Taberna do Músico.

LALÍN: Café de Mili, O bodegón de Álex, Viños e Tapas Suso (Donramiro).

RODEIRO: Café- Pub Quirós.

VILA DE CRUCES: Cafetería Galicia.

AGOLADA: Bar Central.

Comentarios