Memorias dun neno labrego

Após sesenta anos da primeira edición, cada páxina das 'Memorias dun neno labrego' segue a ser unha tatuaxe colectiva da identidade galega. O marco da aldea vital retratado polo ollar, pensar e sentir de Balbino, un neno da aldea, un ninguén invisíbel a ollos da outra parte do mundo inalcanzábel, o Manolito, o neno do señor. Dous mundos contrapostos no sabor da boroa fronte ao pan de trigo, do caldo fronte ao leite; na lingua propia da casa e na outra allea da escola; no traballo arreo cuxas regras veñen determinadas pola loita de clases. Mais non cabe no horizonte de Balbino o conformismo e a resignación. O refuxio é o pensamento, a observación e a reflexión, para entender e aprender, porque a xente non pode andar “polo mundo como andan as vacas e os burros: percurando somentes pesebre”. Por iso son tan precisas sempre as renovadas lecturas destas Memorias de Nós.
Xosé Neira Vilas . (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)) #xosé-neira-vilas #escritor #memoriasdunnenolabrego #literaturagalega
photo_camera Xosé Neira Vilas . (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB))
Nomear Memorias dun neno labrego é para min repensar(me) (n)a historia. Tomo de novo do andel da biblioteca familiar o exemplar herdado da casa materna, unha quinta edición publicada por…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios