Un café coas mulleres que se atreveron a estudar

Entraron nunha Universidade de homes nun franquismo que prefería que ficaran nas súas casas. Dúas delas contan a súa experiencia nun novo Café da Memoria do Museo do Pobo Galego. 

mestras
photo_camera mestras

As mestras son as protagonistas do Café da Memoria do Museo do Pobo Galego que terá lugar esta quinta feira día 26 ás 18.30 horas. María Esther Rodríguez Losada e Chus Fernández son as convidadas para este encontro no que relatarán as súas experiencias persoais naquelas aulas nas que os homes eran maioritarios nun franquismo que quería relegar ás mulleres ao espazo doméstico. 

Despois da depuración do maxisterio, de que as mulleres avanzadas que na República accederan a postos de profesoras e apostaban pola renovación do ensino, o regreso ao sistema educativo foi lento e custoso. María Esther Rodríguez Losada e Chus Fernández falarán do apoio que tiveron nas súas casas, da experiencia nas aulas do franquismo e dos retos que se marcaron na súa profesión de mestras. 

Comentarios