Un membro do xuri do Victoriano Taibo responde as acusacións de Vítor Vaqueiro

O escritor Ramón Sandoval, membro do xuri do premio Victoriano Taibo, recoñece que a obra de Vítor Vaqueiro foi “descualificada” por non se axustar á normativa oficial. 

Ramón Sandoval
photo_camera Ramón Sandoval

O escritor Vítor Vaqueiro denunciou nun artigo publicado en Sermos Galiza a “arbitrariedade, a injustiça e a ilegalidade” da que fora vítima ao ser eliminado o seu libro Palavras a Espartaco do premio Victoriano Taibo por considerar o xuri que estaba escrito en portugués e non en galego. Un membro dese mesmo xuri, o escritor Ramón Sandoval, respóstalle agora nun comentario ao artigo, afirmando que a convocatoria recollía que os traballos tiñan que estar “escritos en lingua galega”, o que interpreta que se refire “a estar escritos segundo a normativa vixente”. Sandoval recoñece tamén no seu escrito que o libro de Vítor Vaqueiro fora “descualificado” e non pola súa cualidade

Lembra Sandoval que as bases da convocatoria indicaban tamén que calquera incidencia non prevista tiña que ser resolta polo propio xuri. “E así se fixo e por clara maioría, por certo”, apunta. 

O escritor Ramón Sandoval foi o gañador da anterior edición do premio Victoriano Taibo coa súa obra Territorios estraños, con anterioridade tiña publicado o libro Como una lluvia (1990). 

Comentarios