A melancolía tinxe o sétimo traballo de Victor Aneiros, ‘A soidade pide copas nos bares’

O novo disco componse de versións acústicas de anteriores traballos deste compositor de blues-rock ferrolán. Vídeo no interior.

Víctor Aneiros edita un novo disco, o sétimo da súa discografía oficial, ‘A soidade pide copas nos bares’. Máis unha vez este traballo chega da man do selo vasco Gaztelupeko Hotsak, co que Aneiros xa ten editados cinco discos nunha relación máis que consolidada.

‘A soidade pide copas nos bares’ componse de versións acústicas de temas incluídos en discos anteriores. Cancións que pasan a unha nova forma acústica, “mais en absoluto desenchufada”. Canda Aneiros neste disco está o acordeón de Fran Rey, co que a guitarra do ferrolán traza unha proposta íntima tinxida pola melancolía e a nostalxia.

Comentarios