'Melancolía', novo adianto do regreso de Dios Ke Te Crew

Melancolía é lírica ominosa, esuras bases electrónicas, relato apocalíptico e un vídeo sobre a inminente catástrofe. Melancolía é o novo adianto, canción e clip, de O Ciclo da Serpe, o regreso discográfico dos rapeiros Dios Ke Te Crew.

FotosRodaxeMelancolia (12)
photo_camera Rodaxe do videoclip de 'Melancolía'. Foto: cedida.

“Melancolía trasládanos a un escenario apocalíptico, inspirado no famoso filme do danés Lars Von Trier do mesmo título”, indica a banda nunha nota de prensa. Dirixido por Xaime Miranda e cunha “narrativa máis cinemaotgráfica”, o vídeo explica como “nun escenario de enfrontamento ao gran cataclismo ineludíbel, varias personaxes reaccionan de xeitos dispares”.

Melancolía sucede a Silencio, a primeira canción coñecida do Ciclo da Serpe e un “alegato en prol da liberdade de expresión”. O disco completo, o terceiro de Dios Ke Te Crew oito anos despois de Humanose, presentarase o 11 de maio na Sala Capitol de Compostela.

Comentarios