Seis locais da Picota, en Mazaricos, ofreceron este sábado as súas versións do bolo do pote e o cocido ao que acompaña. Mais o domingo é o día grande, en que unha carpa -localizada no campo da feira- acolle veciñanza e visitantes que se achegan a este concello do interior da Costa da Morte coñecer un elemento fundamental da gastronomía popular galega.
O encontro gastronómico ten, por suposto, banda sonora. O grupo de gaitas O Verán pasou polas rúas da Picota a partir da unha do mediodía. E a sobremesa estará amenizada pola charanga Os Jalácticos. Ademais, unha exposición dos míticos automóbiles modelo Mini forma parte do programa.
O bolo do pote elabórase con fariña de millo, auga de cocido e, segundo os lugares, cebola ou panceta.
Nota: imaxe de pratos co bolo do pote e o cocido en Mazaricos. Foto: Concello de Mazaricos.