Mastodon, Ciclonautas e Bourbon Kings completan o cartel do Resurrection 2022

Esta sexta feira ás 12 poranse á venda as entradas para cada un do cinco días do festival, a un prezo de 79 euros máis gastos, mentres que as da festa de presentación estarán a 39 euros máis gastos.
Imaxen de arquivo do Resurrection Fest.
photo_camera Imaxen de arquivo do Resurrection Fest

A organización do Resurrection Fest deu a coñecer o cartel definitivo da próxima edición deste festival, que se celebrará o próximo ano en Viveiro, e confirmou novas incorporacións á programación, entre elas a dos estadounidenses Mastodon.

O conxunto de Atlanta foi unha das principais peticións dos seguidores do festival nos últimos anos, segundo traslada a organización nun comunicado, coa publicación este ano do seu último álbum 'Hushed and Grim'. Ao cartel tamén se unirán tres bandas máis: The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings.

Doutra banda, anunciaron que esta sexta feira ás 12 poranse á venda as entradas para cada un do cinco días do festival, a un prezo de 79 euros máis gastos, mentres que as da festa de presentación estarán a 39 euros máis gastos.

O Resurrection Fest de 2022 terá lugar entre o 29 de xuño e o 3 de xullo do próximo ano. Avenged Sevenfold (data única no Estado e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), Korn (único festival no Estado), Judas Priest (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca no estado) serán os encargados de encabezar cada un do cinco días de festival.

A estas bandas súmanse Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival no Estado), Bullet For My Valentine e Opeth.

Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres se recupera Crossfaith e engádese Alien Weaponry, entre outras moitas propostas.

Tamén poderán gozar os asistentes a este consolidado festrival que cada ano reúne miles de persoas procedentes de diferenets países do mundo grupos como Madball e o seu renovado HC, Lionheart ou Kalenkia, entre moitos outros. 

Comentarios