Marta Dacosta e Eli Ríos, gañadoras do I Premio de Poesía Figurante

Dúas mulleres inauguran o I Premio de Poesía Figurante, convocado pola editorial na súa primeira edición. O xurado elixiu por unanimidade os libros “Argola” de Marta Dacosta e “María” de Eli Ríos que serán publicados polo Figurante. 

Marta Dacosta
photo_camera Marta Dacosta

O xurardo destacou o valor literario das obras premiadas e destacou a “pertinencia da mensaxe desde unha perspectiva feminista” ademais do dominio do idioma e os recursos poéticos. 

O premio consiste na publciación das obras, en volumes separados, ao longo do presente ano.  Dacosta recibe a noticia do premio apenas un mes despois de ter gañado o Johán Carballeira do Concello de Bueu coa obra “dun lago escuro”. 

Comentarios