Mario Casas, mellor actor nos Goya 2021

O coruñés agradeceu ao público que apoiou a súa carreira. 'A galiña Turuleca', de selo galego, recibe o Goya á Mellor Película de Animación como única nomeada nesta categoría.

Mario Casas, mellor actor protagonista dos premios Goya 2021 (Miguel Córdoba / Academia de Cine)
photo_camera Mario Casas, mellor actor protagonista dos premios Goya 2021 (Miguel Córdoba / Academia de Cine)

O galardón ao mellor actor dos Premios Goya na súa 35º edición foi para o galego Mario Casas, protagonista do filme 'Non matarás' de David Victori.

"Moitas grazas ao público porque me apoiastes desde hai 15 anos", afirmou Casas nunha gala que se realizou de manira telemática. O coruñés lembrou a todos aqueles que estiveron "a tres metros sobre o ceo", en alusión a unha das súas primeiras películas.

Ao revelarse o seu nome como gañador na categoría, Casas recibiu as apertas dos seus familiares e seres queridos cos que viu a gala e mostrou unha cabeza de 'Iron  Man' que, como relatou ao público, o seu irmán pequeno dixo que lle regalaría se finalmente gañaba.

Para o actor era a primeira vez que participaba nomeado nesta categoría e atribuíuno non só á súa última película 'Non matarás' senón á súa carreira profesional durante os últimos anos.

“Son anos atrás de películas, e creo que as académicas e os académicos tamén agradeceron isto”, aseguraba, “está 'O Practicante', 'Fogar' e 'O fotógrafo de  Mauthausen', estou moi agradecido aos académicos e contento", subliñou o actor en rolda de prensa posterior á gala dos Goya.

Mellor película de animación para ‘A galiña Turuleca’

Outro dos galardóns da noite con selo galego foi o Goya 2021 á Mellor Película de Animación que recaeu no filme 'A galiña  Turuleca' (Brown Films, A.I.E.,  Gloriamundi Producións, S.L.,  Producións A Fonsagrada, Tandem Films, S.L.).

A cinta era un dos galardóns seguros da noite, xa que non competía con ningunha outra produción e era a única nomeada nesta categoría.

Comentarios