Mariasun Landa, Escritora Galega Universal 2020

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñece a «altísima calidade literaria» da súa obra.
mariasun_landa_01
photo_camera A escritora Mariasun Landa (mariasunlanda.net)

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) nomeou Mariasun Landa como Escritora Galega Universal 2020. A súa escolla recoñece a «altísima calidade literaria da súa obra» ademais da iniciativa da autora á hora de «defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskal Herria».

Mariasun Landa Etxebeste naceu en Errentería en 1949. É Licenciada en Filosofía (París) e en Filosofía e Letras (Valencia). Durante varios anos exerceu como profesora de Educación Básica máis do Servizo de Euskaldunización do Profesorado. Na súa última etapa foi profesora titular de Didáctica da Literatura na Escola Universitaria do Profesorado de Donostia.

O seu labor creativo centrouse, fundamentalmente, na literatura infantil e xuvenil en éuscaro. No seu haber conta máis dunha trintena de títulos traducidos a varios idiomas, entre eles, o galego.

Landa recibirá o premio honorífico da AELG o vindeiro 9 de maio de 2020 no marco da V Gala do Libro Galego.

Comentarios