María Pilar García Negro presenta a antoloxía sobre Carvalho Calero

'Rectificar a historia' está editado por Laiovento
A escritora e investigadora María Pilar García Negro. (Foto Xurxo Lobato)
photo_camera A escritora e investigadora María Pilar García Negro. (Foto: Xurxo Lobato)

"Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero e esta antoloxía así o certifica. A súa é unha obra que continúa a ser unha fonte ineludíbel de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos de hoxe".

Así explica María Pilar García Negro a súa obra Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero, editada por Laiovento. 

A experta na figura do intelectual galeguista a quen se lle dedicou o ano pasado o Día das Letras Galegas presentaba na xornada de hoxe, na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, esta selección de diferentes traballos asinados por Carvalho Calero como aproximación á súa obra literaria, ensaística e de prensa. 

García Negro reafirmou durante a presentación, ao igual que no limiar do seu libro, que "Carvalho Calero é moito máis que un código ortográfico ou unha posición filolóxica".

Por iso quixo "retratar, non ratificar nen recompoñer" a súa obra, en referencia a que existen "visíbeis repeticións, que non eliminamos nin faixemos remisión dun traballo a outro para non rachar a unidade interna de cada un", explicaba. 

Comentarios