No VII Congreso da AE-IC en Valencia

Margarita Ledo, merecedora dunha homenaxe ao labor comunicativo

O vindeiro 28 de outubro farase público o recoñecemento en Valencia no marco do VII Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC).
margaritaledo
photo_camera Margarita Ledo. / Nós Diario

A catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC, Margarita Ledo Andión, vai ser homenaxeada o vindeiro 28 de outubro en Valencia no marco do VII Congreso Internacional da AE-IC.

Margarita Ledo convértese así na primeira muller do ámbito estatal que recibe o recoñecemento a toda unha vida de investigación na comunicación.

O Na resolución do premio destácase o amplo traballo desenvolvido máis de 35 anos, con especial atención ao documental e ao fotoxornalismo, ademais dunha intensa traxectoria creativa na literatura e no audiovisual, así como co impulso á cooperación entre os mundos lusófono e hispano no eido da comunicación.

A xunta directiva subliña tamén o compromiso da catedrática da USC coa propia Asociación Española de Investigación da Comunicación, da que forma parte desde a súa creación e na que exerceu como vicepresidenta entre os anos 2008 e 2016 e presidenta do comité organizador do congreso fundacional que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Comentarios