MARCO, unha nave sen ninguén ao temón

Após a marcha do director, Iñaki Martínez, o museo afronta unha etapa de incerteza na que por agora a pelota está no tellado do Concello de Vigo, principal contribuidor do proxecto. Escribimos sobre a situación que sofre o MARCO no Sermos Galiza 276. Eis un extracto.

marcovigo

1En decembro de 2016, Iñaki Martínez anunciou que abandonaría o seu posto na dirección do MARCO en canto finalizase o seu contrato, en novembro deste ano. O que fora líder do proxecto museístico durante máis dunha década xustificaba a súa partida en base ao “afogo orzamentario” ao que se viu exposto o museo nos últimos anos. Situación que, segundo declarou, amosa o esgotamento do actual modelo de xestión cultural, a todas luces insuficientes para soster un actor social do calado do MARCO.

Actualmente, o centro leva xa case un mes sen dirección nin programación. “Estamos nunha situación de impass que non permite facer nada, sen saber exactamente se o museo vai morrer ou vai seguir”, explica Daniela Sarraíno, presidenta da Asociación de Amigos do MARCO. Desde a entidade, aseguran que até o de agora estaban “á espera e moi confiados de que, logo da marcha do director, o padroado ía organizar un concurso público para darlle continuidade ao proxecto”. Sarraíno conta que non foi até meses máis tarde cando, ante a ausencia de garantías, decidiron lanzar o manifesto SOS Por un MARCO independente.

O texto pon en valor o papel do MARCO como “centro dedicado á investigación, exhibición e difusión” da arte contemporánea que, ao longo destes 15 anos, axudou a situar Vigo no circuíto artístico europeo, dinamizando a cidade. Esixen, por tanto, o reforzo e consolidación do proxecto, que ve unhas das súas horas de máis febleza ante a falta de apoio institucional.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 276, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios