Maratón de poesía para lembrar a visita de Lorca a Galiza

En maio de 1932, García Lorca visitaba Galiza, nunha viaxe que lle había de inspirar os “Seis poemas galegos”. Este sábado 31 de maio, unha maratón de poesía e música lembra aquel acontecemento en Betanzos. 

.
photo_camera .

Unha imaxe na que Federico García Lorca posa no cruceiro de Santa María de Azogue en Betanzos deixa pegada daquela viaxe na que, en certa medida, naceron os “Seis poemas galegos” que o escritor andaluz asinou na nosa lingua. O sábado, 31 de maio, a poesía e a música celebrarán a literaria viaxe de Lorca nesa mesma localidade, cunha maratón de música, literatura e arte que organizan a adega Latras, a Libraría Biblos, as asociacións Lar de Unta e Amigos do Casco Histórico, o PEN Clube de Galicia e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, coa colaboración do Concello, 

Desde as 11 da mañá comezará a xornada literaria-musical que se prolongará durante todo o día. A Praza Fernán Pérez de Andrade será o escenario no que se iniciará unha convocatoria aberta á que se convida a participar cunha lectura de poemas propios ou alleos por un tempo máximo de cinco minutos cada persoa. Alumnos do curso nternacional do CIEC exporán as súas obras nunha xornada que se abre a calquera tipo de propostas culturais. 

Ás 13.30 horas desenvolverase na mesma praza o concerto “Federico García Lorca, Amando en galego” de 2naFronteira composto por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli que iniciaron en 2010 un traballo cos poemas de Lorca en lingua galega que editaron no disco Alma. 

Comentarios