Maratón de teatro con só unha compañía? O de Voadora, en Vigo

O formato non é usual. O maratón-retrospectiva da compañía Voadora en Vigo é unha fórmula singular que ofrece a oportunidade de achegarse á traxectoria artística da compañía con máis nomeacións aos Premios María Casares. Se perdiches algún espectáculo de Voadora, este é o momento. 

Voadora
photo_camera Voadora

Será o vindeiro 1 de marzo como programación especial do 14º Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo. En varios espazos da cidade e durante toda a xornada poderanse ver accións, espectáculos, concertos, unha mesa redonda e prometen tamén sorpresas en escena ou mesmo no autobús nun singular maratón teatral protagonizado por Voadora, unha das compañías máis premiadas e recoñecidas do panorama teatral do momento que é, entre outras cousas, a que ten posibilidade de acadar premios en máis categorías dos María Casares polo seu último espectáculo. O alumnado da ESAD participará tamén cun workshop  e o día 20 de marzo presentarase no Auditorio do Concello A Tempestade, a nova montaxe da compañía. 

A compañía, con sede en Santiago, naceu 2007  e está integrada por Hugo Torres, José Díaz e Marta Pazos, directora ademais de actriz. 


O programa do Marathon é o seguinte: 


16h Casa Arines. Nun filme sempre pop. Mesa redonda integrada por Inma López Silva, Manuel Xestoso e Camilo Franco.

17h Auditorio do Concello de Vigo “Quen goste de poesía que grite: “miseria”. Coa colaboración da ESAD de Galicia

17:30h Autobús con saída da Praza do Rei. 1º  Fotograma de super8. 

18:00h Auditorio Afundación. Waltz. Espectáculo estreado no 2013. Premio da Crítica de Galicia 2013. 3 Premios IndiFest (Mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e premio do público). Premio María Casares mellor vestiario. 

19:15h Autobús con saída da rúa Marqués de Valladares  2ª Fotograma de super8. 
 

19:30h Hall do Auditorio do Concello de Vigo. Merendola, Petiscos ofrecidos polo ALT15 para continuar a xornada con ánimo. 
 

20:00h Auditorio do Concello de Vigo. Tokio3. 
Espectáculo estreado en 2012. Premio da Crítica de Galicia 2013. 5 Premios María Casares, Finalista Premio MAX Mejor espectáculo revelación, 3º Premio Nacional para Directoras de Escena. 

21:30h Hall do Auditorio do Concello Party. Fin de Festa no hall do Auditorio Municipal Concello de Vigo con convidado especial

Comentarios