O traballo preséntase na Guarda on 11 de xullo

'Si o mar tivera varandas', primeiro clip do novo disco de Tino Baz

“Pasa, río, pasa, río, / co teu maino rebulir; / pasa, pasa antre as froliñas / color de ouro e de marfil, / a quen cos teus doces labios / tan doces cousas lles dis”, comeza o poema número 19 de Cantares Gallegos e a letra da primeira canción de Si Cantas, es ti que cantas, o novo disco de Tino Baz.

tino baz
photo_camera O cantor Tino Baz nun detalle da cuberta do seu novo disco, 'Si Cantas, es ti que cantas'. Imaxe: cedida.

Si o mar tivera varandas é tamén a peza escollida por Baz como adianto do traballo -que se presentará esta quinta feira, 11 de xullo, ás dez e media da noite no porto Guarda. Un videoclip recolle a intepretación e a musicación do poema de Rosalía de Castro a cargo de Baz. É un dos 11 textos da poeta que o cantor guardés converteu en canción en Si Cantas, es ti que cantas.

O disco de Tino Baz, quen toca guitarras e zanfonas, inclúe as colaboracións de Laura Quintillán, Alberte Vilas, Lorenzo Chuchín, Carlos Villanueva e Nacho Álvarez. E mais do coro Cantares do Brueiro de Camposancos (A Guarda). O caderno interior da gravación conta con ilustracións de Karina Mouriño.

Comentarios