O Concello, Comune en italiano, de Ostana -situada no Val de Po,en Italia- e mais a asociación cultural Chambra d'OC iniciaron a convocatoria do premio hai once anos. Na primeira edición recibirao Alfredo Conde e en sucesivos anos recaeu en literatos sardos, vascos, curdos, bretóns ou malteses.
O certame conta diversas categorías, entre elas a internacional -a que vén de gañar Rivas-, nacional, o Premio pola Lingua Occitana, o Premio Novo, o Especial, o Premio á Composición Musical e o Premio ao Cinema.