O escritor Manuel Portas faise co García Barros coa novela “Lourenço Xograr”

Ao medievo diríxese o escritor Manuel Portas na súa nova novela coa que vén de gañar a XXVII edición do Premio García Barros. Lourenço Xograr é o título dunha obra na que o autor se achega á historia do pouco coñecido poeta medieval. 

Manuel Portas
photo_camera Manuel Portas

O escritor Manuel Portas é o gañador da XXVII edición do Premio García Barros, convocado polo Concello da Estrada, coa súa novela titulada Lourenço Xograr. Un xurado composto por Dolores Vilavedra, Carlos Lema, Armando Requeixo, Juan Luís Blanco Valdés e con Carlos Loureiro como secretario decidiu premiar a obra de Portas da que destacan a súa contribución “á divulgación da historia e da literatura medieval galegas, por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país, senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época”.

Lourenço Xograr será, con toda probabilidade, a quinta obra narrativa do escritor que publicou a súa primeira novela Denso recendo a salgado, en 2010. En só cinco anos, Portas sumou a ese novo título Un dedo machado de tinta, Faneca brava e a máis recente Amor en alpargatas. 
 

Comentarios