Manuel Lourenzo, Facho de Ouro 2018

A Agrupación Cultural O Facho recoñece así "toda unha vida dedicada á cultura do País".

manuel_lourenzo_aelg-3_0
photo_camera manuel_lourenzo_aelg-3_0

O dramaturgo e investigador Manuel Lourenzo Lourenzo (Valadouro, 1953) é a persoa na que recae o Facho de Ouro 2018, premio que entrega a Agrupación Cultural coruñesa O Facho e que quer así recoñecer "toda umha vida dedicada à cultura do País e ao pobo galego”. 


Manuel Lourenço crea na Coruña canda Francisco Pillado o Grupo de Teatro O Facho, que marca o inicio do Teatro Independente Galego. En 1967 funda o Grupo Teatro Circo. En 1978 constitúe , de novo con Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con el os Cadernos da Escola Dramática Galega.

En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado, a monografia O Teatro Galego, libro pioneiro e ainda hoxe de referencia dentro do ámbito do estudo da dramática. Por outra parte, em 1980 forma a Compañia Teatral Luís Seoane. Tamén en 1981, con Pillado, funda a editorial Castrodouro.
 

Ten unha longa traxectoria como actor sobre as táboas e tamén ten participado en diferentes series de televisión (Fariña, Mareas Vivas, Matalobos...) e tamén no cinema (Entre Bateas).

Comentarios