UN TEXTO IN MEMORIAM

Manuel López, a xenerosidade

Publicamos a seguir un texto de Xurxo Lobato dedicado á memoria de Manuel López, un dos fotoxornalistas galegos máis brillantes da súa xeración, recentemente falecido.

retrato
photo_camera Foto: Xurxo Lobato

A primeira noticia que tiven de Manuel Lopez foi cando vin na revista Teima, ano 1977, fotos súas que enviaba dende a redacción de Cuadernos para el Dialogo, era a súa xenerosa e altruista contribución a un proxecto xornalístico novo en Galicia, comprometido coa información plural e con visión de País.

Esta actitude solidaria define a Manolo en toda a súa vida. Compromiso coa fotografia. Loitador pola democracia no franquismo nas filas socialistas, en tempos en que todo o PSOE madrileño cabía nun piso. 

Mostra de xenerosidade e compromiso, doa a súa biblioteca de máis de 4.000 libros de fotografía á Deputación da Coruña, onde se poden consultar na Biblioteca Provincial

Nacido en Vilasantar, viviu no barrio de Monte Alto na Coruña. Aprendeu fotografía en Alemaña onde chegara como emigrante coa súa familia.  Xa de volta  a terra non topa traballo en Galicia e vai a Madrid de fotógrafo na redacción de Gaceta Ilustrada, incorporándose despois a Cuadernos para el diálogo e, xa en democracia, é redactor xefe de fotografía en El Periodico de Madrid, e alí estivo retratando a infamia de Tejero no Congreso e a Transicion. Até que unha enfermidade profesional lle impide seguir exercendo o fotoxornalismo e dá o salto a editor coa revista Foto, referente durante moitos anos na defensa do sector fotográfico.

Nesta traxectoria sempre estivo presente Galicia. Participou  nos xurados do premio Ksado de fotografía. Tiven a honra de ser o comisario da exposición antolóxica “Manuel Lopez, 1966-2006” que itinera por Galicia e España, até hoxe. 

Mostra de xenerosidade e compromiso, doa a súa biblioteca de máis de 4.000 libros de fotografía á Deputación da Coruña, onde se poden consultar na Biblioteca Provincial, na sección que leva seu nome. Quería que serviran para as novas xeracións, crear canteira, xerar interese pola imaxe. Unha maneira de permanecer na súa terra e facer País.

Comentarios