Manuel Guede renuncia ao cargo de director do Centro Dramático Galego

Tres anos despois de que regresara á dirección do Centro Dramático Galego que xa ocupara do ano 1991 a 2005, Manuel Guede presentou a renuncia ao cargo. A  Consellaría de Cultura explica que son “razóns persoais” ás que o levan a deixar a dirección. 

O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) aceptou na xuntanza desta cuarta feira a renuncia de Manuel Guede Oliva como director do Centro Dramático Galego. Manuel Guede tería presentado a súa renuncia a petición propia e argumentando razóns de tipo persoal. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez mostrou o agradecemento polo traballo desenvolvido por Manuel Guede Oliva, que foi nomeado polo goberno da Xunta en abril de 2012. 

Contra o proceso de designación de Guede hai tres anos, desde Agadic anunciouse o inicio dun proceso público para ocupar a praza de coordinación do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais, denominación do posto que agora queda baleiro. 

Comentarios