Manuel González, primeiro candidato a presidir a RAG

O filólogo, actual tesoureiro da institución, enviou un correo electrónico a tod@s os seus membros numerarios no que explica a súa proposta.

Manuel Gozález
photo_camera Manuel Gozález

A Real Academia Galega xa conta co primeiro candidato á súa presidencia, segundo publica hoxe La Voz de Galicia. O filólogo Manuel González, o seu actual tesoureiro en funcións, contactou vía correo electrónico c@s membros numerarios desta institución para explicar a súa decisión. González leva na RAG desde 1992 cando entrou proposto por Constantino García González, Marino Dónega Rozas e Carlos Casares Mouriño. É catedrático de Filoloxía Románica na Facultade de Filoloxía da USC, investigador do Instituto da Lingua Galega, do que foi secretario entre 1991 e 1996, e coordenador científico do Centro Ramón Piñeiro.

O candidato propón "que a xente se sinta cómoda na Academia e que exprese as súas ideas con liberdade e que logremos ilusionarnos nun proxecto común". Manuel González pensa en "fomentar un diálogo fluído coas demais institucións culturais de Galiza, especialmente con aquelas que se ocupan de temas relacionados coa lingua".

Comentarios