Manuel Bragado estima que a edición galega caeu un 50% en dous anos

480 títulos menos publicados no ano 2012. As cifras de rexistros do ISBN confirman unha forte diminución na produción das editoriais privadas galegas. O presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado estima que nos dous últimos anos caeu á metade.

 
Manuel Bragado
photo_camera Manuel Bragado

Coñecido o adianto das cifras de rexistros do ISBN, o presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado, analisa a través do seu blog Brétemas o forte decrecemento da edición galega de empresas privadas que, ao seu ver, caiu á metade nos últimos dous anos.

De 2011 a 2012, cos datos do ISBN na man a diminución é dun 26, 37%, ao pasar de 1820 a 1340 títulos, é dicir, 480 referencias menos. Valora Bragado que, nos dous últimos anos, a baixa é dun 40%, , porcentaxe que, ao ter en conta o incremento de títulos dixitais supón que “o furacán destes dous anos de crise a edición privada impresa en galego se reducise á metade”.

O presidente dos editores galegos fala dunha “aceleración da diminución e do volume de tiradas” e advierte que estes datos deben levar á “reflexión do sector e das administracións públicas sobre as políticas actuais de lectura e de promoción da lingua galega”.

Comentarios